Un catálogo perpetúa o legado recollido na mostra ‘Valle-Inclán íntimo’

12 Decembro 2023

Logo da súa estadía no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca a comezos deste ano, o patrimonio artístico e persoal de Valle-Inclán volve estar de actualidade coa publicación do catálogo homónimo da exposición, Valle-Inclán íntimo.  O novo volume reproduce nas súas 304 páxinas “da forma máis fiel posible a propia exposición para perpetuar o que por definición é efémero”, explica a profesora Margarita Santos Zas, comisaria da mostra xunto a José Manuel López Vázquez e Javier del Valle-Inclán Alsina.

A exposición mostraba unha parte dos cadros, esculturas, mobiliario e outros obxectos artísticos, decorativos e persoais pertencentes a Josefina Blanco e Ramón del Valle-Inclán, ademais dunha selección de exemplares dedicados ao autor. Parte deste conxunto patrimonial queda recollido na súa integridade en imaxes acompañadas dun extenso estudo introdutorio bilingüe dos tres editores e comisarios, xunto con textos explicativos procedentes de cada unha das súas cinco seccións e dous índices onomásticos.

Completando o conxunto, o catálogo inclúe un código QR que enlaza  cun vídeo realizado polo Servizo de Medios Audiovisuais da USC (SERVIMAV) e que permite unha visita virtual á instalacións realizada no Colexio de Fonseca entre febreiro e abril de 2023.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...