Rematan a vindeira semana as obras de pavimentado do lugar de Teira

15 Decembro 2023

As obras en execución de mellora de camiños no Lugar de Teira, rematarán a vindeira semana.
As obras, que foron visitadas polo alcalde ribeirense, Luís Pérez, estanse desenvolvendo no camiño que une o lugar de Teira co resto da parroquia na que se localiza, Corrubedo, co propósito de mellorar o pavimentado e a accesibilidade do mesmo. O presuposto de execución ascende a 44.723,73 euros.
Segundo explicou o rexedor, esta era unha obra “moi demandada pola veciñanza”, na cal o Concello está a investir máis de 44.000 euros. “A mellora dos camiños nas parroquias pequenas ten un impacto directo na accesibilidade a servizos esenciais, e desempeña un papel crucial en termos de conectividade e mobilidade, o que impacta directamente na calidade de vida da veciñanza.” salientou.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.