A Garda Civil mantén abertas todas as liñas de investigación no caso do vehículo que o pasado 22 de decembro caeu ao mar no porto de Escarabote, en Boiro.
Segundo informou o 112, foi un particular o que ao fío das 23,15 horas do venres deu a voz de alarma e indicaba que un vehículo acababa de caer ao mar.
O home falecido era o único ocupante do vehículo, co freo de man posto, e “desde o primeiro momento”, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso. Agora, están á espera de visionar as imaxes das cámaras de seguridade do porto deportivo para continuar a investigación, da que non posúen aínda “ningunha conclusión”.




