Revolución permanente”. Luís Celeiro

21 Decembro 2023

Roubáronlle canto tiña, unha forcada con mango lixeiro, a gasolina da motoserra, a cabezada da besta e un ordenador portátil de marca descoñecida, pero funcionando perfectamente. Proba de que o ordenador, por vello que fose, estaba en activo é a mensaxe
que chegou pouco despois de comer ao teléfono do amo: Boas tardes, meu home!
Sega vostede tranquilo que todo está ben, en orde, en perfecto estado de revista. Estou escribindo co seu ordenador e quero desexarlle a vostede e á familia unhas felices festas e un venturoso aninovo. Esta carta, como non pode ser doutra maneira, vai polo correo ordinario, por onde ían e chegan as postais e os amores daquela noiva bonita ou da avoa da casa, da irmán Felisa e da prima Luísa. Esta prima era como a herba das verbenáceas que leva o seu nome, con recendo a limón de codia amarga.
Moitas grazas pola listaxe de correos electrónicos que vostede tiña e segue aquí, no escritorio, disposta para quen precise dela. Se algo quere, chame ou responda ao correo, que, como ben sabe, é o seu, aínda que probablemente non se lembre da clave. Se a sabe dígao, para cambiala de inmediato. Antes era a chave do baúl, daquela arca preparada para esconder o chocolate, o viño doce, as galletas saborosas e, cando era día de feira, o pantrigo.
Con isto das novas tecnoloxías, todo ten que ser decontado e sen demora. Vostede que pensa? Cada quen que pense o que queira, que diga o que lle parece, que fale, que escoite e que tamén cale. Seguramente, a forma máis expresiva para a comunicación sexa o silencio.
O extraordinario e magnífico escritor porteño, Jorge Luis Borges dicíao moi claro, “non fales ata que podas mellorar o silencio”.
Non escribas ata que teñas algo de que escribir, algo que contar e algo para discutir, ata que saibas que alguén, unha ou dúas persoas polo menos, pode seguir con atención o que dis, que será o que pensas e no que cres. Diso, do que cres tamén podes gardar silencio. Grazas amigas e amigos lectores por ler os sentires da Tía Manuela, por estar aí defendendo co voso interese estes parlamentos, moitas veces aldeáns, escritos coa paixón de quen ve o mundo en revolución permanente, de quen defende o cambio, para que todo cambie e a sociedade progrese e avance sen retrocesos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.