Remata a tempada 2023 dos obradoiros de memoria de Dodro (volven o 8 de xaneiro)

29 Decembro 2023

O Concello de Dodro informou do remate da tempada 2023 dos obradoiros de memoria postos en marcha dende o Consistorio para achegar actividades de envellecemento activo e dinamización sociocultural para a xente maior dar diferentes parroquias. Os talleres interromperon a súa actividade e volverán, segundo confirmou o Concello, o vindeiro 8 de xaneiro. “Son un xeito de que os nosos maiores se manteñan activos mellorando a memoria a curto prazo e realizando estimulación cognitiva”, sinalan dende o Goberno local de Dodro, engadindo que con estas sesións tamén se busca achegar acompañamento ás persoas participantes.

Os obradoiros de memoria artéllanse en media ducia de grupos que se reúnen 2 horas á semana cada un e que aproveitan para falar, estar xuntos, lembrar cousas e divertirse.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.