Pizpireta Mercería, Sport Maniotas e Pescados e Mariscos Moncha, gañadores do concurso de escaparates do Nadal na Pobra

27 Decembro 2023

O espírito do Nadal resistindo o Grinch, unha paisaxe nevada e decoración propia desta época elaborada con produtos do mar son as tres propostas creativas gañadoras do concurso de escaparates impulsado pola Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal.

O xurado decidiu que os galardóns recaesen, polo tanto, en Pizpireta Mercería, Sport Maniotas e Pescados e Mariscos Moncha: un primeiro premio consistente na realización de 6 escaparates profesionais durante un ano a cargo dunha técnica de mercadotecnia visual; un segundo, dotado de 4; e un terceiro, con 2.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica de mercadotecnia Cany Juncal, foi a encargada de facer a entrega das distincións.

A edil agradeceu a participación dos quince establecementos que participaron nun certame que buscaba a implicación dos negocios da localidade para incrementar o carácter vistoso dos espazos públicos nestas datas; unha inventiva que tamén se fixo notar nas arredor de 200 árbores e a vintena de grilandas que repartiu a Administración local para que o sector comercial e hostaleiro ornamentase ao seu gusto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.