Pedra da Aroña celebra este sábado en Boiro o seu Festival de Nadal (con música, baile e sorpresas)

28 Decembro 2023

O Pavillón da Cachada de Boiro vai ser o escenario esta fin de semana do Festival de Nadal da asociación local Pedra de Aroña. A festa dará comezo este sábado 30 de decembro a partir das 17.30 horas no Pavillón da Cachada. O festival arrincará poñendo o foco no baile tradicional galego (a partir das 17.30 horas) e proseguirá a partir das 19.00 horas (aproximadamente) cunha sesión de ballet. Segundo informan dende a Asociación Cultural Pedra de Aroña, o festival inclúe sorteos e sorpresas. Contarase coa colaboración do Concello de Boiro e máis da área de Cultura da Deputación da Coruña.

A AC Pedra da Aroña é unha asociación histórica de Boiro, con 36 anos de historia ás súas costas e cunha cifra de integrantes que xa superou o centenar de persoas. O seu principal obxectivo é potenciar e manter viva a música e o baile tradicional, ao tempo que se reivindica canteira local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.