“O primeiro paso”. Luís Celeiro

08 Decembro 2023

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,
“vaiche boa! Ela, tan falangueira, tan amable e traballadora como a que máis, casou e divorciou dúas veces co mesmo home e, no medio, casou e divorciou tamén con María, aquela fermosa María de pelo longo e ollos negros, que estivo temporalmente casada co
seu marido.
Non houbo fillos en ningún dos matrimonios e, agora, a señora está pendente do que veña.
Probablemente sexa unha adopción, pero “ten que ser dun neno ou dunha nena da terra, desta terra nosa, onde a xente é formal e de palabra”.
Antes de pensar noutra cousa, a señora presume de feminista e quere casar máis veces, pola igrexa ou na igrexa alugada, na que un actor profesional faga de crego, dirixa a cerimonia e reparta hostias sen consagrar á esquerda e á dereita. Hostias para o noivo e se é noiva, hostias tamén, sen parar ata a próxima, cando -como di a cantiga- “heime de casar cun vello, / heime de fartar de rir …”
Efectivamente, segundo as estatísticas, o número de casamentos pola igrexa diminuío, minguo tanto como a caixa das esmolas. Nestes novos tempos, o negocio está na beleza arquitectónica e artística das igrexas, onde cada integrante da parella e o concelleiro amigo, ou un actor pagado, van representar a comedia, cada un co seu papel aprendido e cunha idea indefinida pulando no maxín colectivo.
O importante é o xantar, o falar, os regalos, as promesas de amor e os recordos. A voda non ten máis nada. As promesas e os recordos tamén se esquecen, coa brevidade que cadaquén queira. A señora Da Orde lémbrase perfectamente do nome do seu marido, pero hai persoas que non son quen de reter os nomes daquelas outras coas que casaron e ás que bicaron. Ou non?
A convivencia, a harmonía, a familia, o pobo e a xente teñen vida, e seguirán con ela, independentemente dos casamentos, do escenario dos mesmos, dos xantares suculentos, da diversión, da mentira, da risa e do negocio. Uns casan e outros non e, no cas delas, unhas casan e outras non. Non hai diferenza e non hai nada que pensar. A vida é así, tan sinxela, tan dura e tan bonita. En calquera caso, ollo! Como di a Tía Manuela “o casamento, onde queira que sexa, é o primeiro paso para o divorcio”.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.