
Este venres 29 de decembro celebrouse en Dodro un pleno extraordinario da Corporación, a última sesión deste 2023. Realizouse a primeira hora da mañá, co “obxectivo de que os asuntos tratados e aprobados puideran tramitarse ao longo do día, pechando así o exercicio anual”, explicou o equipo de Goberno local.
Na sesión aprobouse entre outros acordos o pago de facturas de exercicios anteriores que estaban pendentes (unha “cuestión demorada desde hai tempo xa que existían facturas mesmo do ano 2015”). O punto resultou aprobado cos votos favorábeis de PSdeG-PSOE (no Goberno municipal), U.V.D, o BNG e Partido Popular. O Grupo Político Xente de Dodro (XD) votou en contra.
O pleno da Corporación aprobou tamén a actualización de prezos á concesionaria de servizos Viaqua que corresponde co IPC, tal e como esta recollido no contrato en vigor. Esta actualización foi aprobada do mesmo xeito ca anterior, cos votos favorábeis de PSdeG-PSOE, U.V.D. o BNG e PP e tamen co voto en contra de XD.
Desde o Goberno municipal quixeron “agradecer a boa disposición dos grupos para esta convocatoria” e desexaron “a todos eles e a veciñanza en xeral unha feliz saída e entrada de ano”.



