O inverno pon fin a un outono chuvioso na comarca con máis de 900 litros por metro cadrado. A estación empeza este venres 22 ás 4.27 horas

21 Decembro 2023

Este venres 22 de decembro comeza o inverno boreal ás 04.27 horas. A nova estación prolongarase ata o 20 de marzo ás 4 horas e 6 minutos. Remata así outro outono chuvioso na comarca compostelá, similar ao do ano pasado. A cantidade total de precipitación recollida no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC nestes últimos tres meses supera os 900 litros/m2, “cantidade que remata coa seca acumulada en meses anteriores e que fai que xa agora se supere a media anual de precipitación en Santiago”, que ronda os 1.800 l/m2, pero sen chegar de momento aos 2.000  l/m2, explica o director do Observatorio, José Ángel Docobo.

Nova estación

A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración: 88,98 días, fronte aos 89,86 do outono; 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. O inicio da nova estación coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose neste intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) “o que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de nove horas na nosa latitude”, sinala o profesor Docobo. Porén, as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio, punto que vai reproducindo as posicións medias do Sol ao longo do ano dado que este último desprázase aparentemente con velocidade variable.

Na noite do 2 ao 3 de xaneiro vaise producir o máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas (con radiante preto da Osa Maior) Tamén o día 3  ás 2.00 horas,  pasará a Terra polo perihelio, mínima distancia ao Sol (147 millóns de quilómetros). “Mercurio, sempre difícil de localizar a simple vista, vai estar en boas condicións de poder ser observado no amencer arredor do 12 de xaneiro”, afirma Docobo.  Venus e Marte van ser así mesmo luceiros matutinos, pero logo Mercurio deixará de verse ata marzo e nesta ocasión aparecerá logo do solpor. O planeta Xúpiter poderase contemplar durante boa parte das noites deste inverno, “mentres que Saturno estará visible na noitiña ata mediados de febreiro, pasando logo ao amencer desde ben entrado marzo”, engade.

Chuvia

Dende o punto de vista da meteoroloxía, as precipitacións acadaron durante o outono os 0,3  l/m2 nos sete últimos días de setembro, os 424,3 l/m2 en outubro, 318,7 l/m2 en novembro e os 198,4   l/m2 nos primeiros 21 días de decembro. En canto a temperaturas, destacan os cinco días de outubro con máximas por enriba dos 30 graos, con 32º3 o día 7. A temperatura máxima absoluta do outono en Compostela foron os 32º6 do 30 de setembro, en tanto que en dúas xornadas de decembro se mediron mínimas lixeiramente por debaixo de cero: -0º2 o día 17  e -0º1 o día seguinte.

Outros artigos

Luns con chuvascos e baixada de temperatura

Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha borrasca localizada ao norte da península Ibérica que introducirá aire frío e inestabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...