O venres, Día da Inmaculada, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. O ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes máis frecuentes nas comarcas atlánticas. Cota de neve situada nos 1200 metros. Pola noite unha fronte cálida deixará precipitacións en xeral febles, que se estenderán de oeste a leste co avance da madrugada. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste e con intervalos fortes entre Costa da Morte e a Mariña Oriental en mar aberto.

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 5 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota




