O Concello de Ribeira fai entrega de alimentos ás entidades sociais con actividade no municipio

19 Decembro 2023

O Concello de Ribeira, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, fixo este martes 19 de decembro entrega de alimentos non perecedoiros a entidades sociais do municipio co propósito de proporcionar axuda a persoas e familias vulnerábeis. O dito departamento municipal destinou máis de 5.000 euros para a entrega de alimentos a Cáritas Ribeira, ICE Renovación, Cáritas Castiñeiras, Cáritas Carreira, Cáritas Palmeira e Cáritas Aguiño. A doazón beneficiará a máis dun centenar de familias.

“A colaboración entre o Concello e as entidades sociais é fundamental para levar a cabo estas accións de maneira efectiva. A coordinación entre ambas as partes garante que os recursos se distribúan equitativamente e cheguen a quen máis o requiren.” explicou Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais.

Os alimentos non perecedoiros seleccionados para a entrega son aqueles que teñen unha longa vida útil e son nutritivos. Búscase non só proporcionar alimentos básicos, senón tamén garantir que estes contribúan a unha dieta equilibrada. Produtos como arroz, pasta, legumes enlatadas, aceite e produtos envasados son algúns dos elementos incluídos nos paquetes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.