
O Concello de Boiro ofrece un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. A formación celebrarase o 13 de xaneiro en horario de 9.00 a 13.30 horas e as inscricións poderanse facer a partir do vindeiro martes día 27 a través do CIM de Boiro.
Máis en detalle, trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero que se impartirá por monitores e monitoras de defensa persoal integrantes da Federación Galega de Loita. A formación está destinada a persoas maiores de 18 anos, de xeito excepcional para maiores de 16 con autorización.
A actividade lévase a cabo no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
As inscricións estarán abertas a partir do vindeiro martes 27 de decembro e poderán formalizarse no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.gal ou o teléfono 981 84 48 00.



