O Concello de Boiro e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón organizan unha nova edición da Cabalgata de Reis

28 Decembro 2023

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis, que se celebra o vindeiro venres 5 de decembro de 2024. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro, Marcos Fajardo, xunto con representantes da asociación, fixeron a presentación da actividade este xoves 28 de decembro.

Segundo fixeron saber, este ano a cabalgata contará con “algunhas variacións no percorrido”, ao saír de Escarabote e rematar en Boiro, xa que tradicionalmente volvía a Escarabote. A saída está prevista para as 17.15 horas da Agramuíña dirección ao Pontellón, onde dará volta e percorrerá toda a estrada xeral, pasará pola Magdalena, por Ponte Goiáns e a rúa Principal para chegar á praza de Galicia onde terá lugar a recepción por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente a todos os nenos e nenas.

A comitiva estará formada por 8 carrozas, incluídas as dos tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros, a charanga Equipo B e outra animación, ademais dos tradicionais personaxes como os facheiros (antorcheiros) e espadeiros que cada ano forman parte do desfile.

O itinerario contará como de costume cunha zona sen ruído que será na rúa Principal, no treito comprendido entre a avenida de Compostela e a rúa Salvador Allende. Do mesmo xeito, dende a organización informaron da tirada de bombas de palenque, que se realizarán á saída, en Ponte Goiáns e á chegada a Boiro. A recepción dos Reis Magos terá lugar na carpa da Praza de Galicia, onde haberá animación musical dende as 18.00 horas e tamén unha gran chocolatada para rematar.

Este ano repetirase a visita das Raíñas Magas a todas as parroquias do municipio. As SSMM farán o percorrido o xoves 4 de xaneiro durante todo o día, comezando ás 11.30 horas en Abanqueiro, Cespón e Bealo, cunha hora de marxe en cada sitio, e continuarán pola parte a partir das 16.00h por Macenda, Cures, Escarabote, Cabo de Cruz e finalizará en Boiro.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.