O Concello da Pobra pon en marcha a quinta campaña da compostaxe doméstica

04 Decembro 2023

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal inicia a quinta campaña da compostaxe doméstica coa distribución de 25 novos colectores proporcionados pola sociedade ambiental galega SOGAMA. “Reforzamos deste xeito o proxecto da compostaxe na localidade, que supuxo xa o repartimento de 193 unidades”, segundo indicou o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, quen engade que esta acción compleméntase coas tres illas da compostaxe comunitaria xa implantadas dende o verán de 2022 para lle ofrecer á veciñanza recursos para a xestión sustentábel da materia orgánica na orixe.

Os tres puntos localízanse na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), de Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira) e do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler).

O prazo para participar nesta nova remesa xa está aberto. A solicitude deberase formalizar a través do rexistro. Entre os requisitos figuran os seguintes: vivir de forma habitual no concello da Pobra do Caramiñal, dispor dun terreo (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados e permitir o seguimento da compostaxe por persoal acreditado.

As persoas participantes serán convocadas polo Departamento do Medio Ambiente para facerlles a entrega do composteiro doméstico e ferramentas auxiliares, ademais de asistiren a unha charla formativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.