O Concello da Pobra acondiciona o patio exterior do centro de recollida de animais abandonados

28 Decembro 2023

O compromiso do Concello da Pobra do Caramiñal co benestar animal deu nesta recta final de ano un paso adiante co acondicionamento das instalacións do centro de recollida. O alcalde e titular da Concellaría do Benestar Animal, José Carlos Vidal, explicou que “remataron xa os traballos de mellora da zona de esparexemento”. En termos máis concretos, efectuouse a pavimentación do patio exterior do recinto, a construción dun muro de contención e a mellora na canalización de pluviais para a eliminación de filtracións no inmóbel.

O investimento situouse preto dos 25 000 euros, IVE incluído, a cargo do remanente da Tesouraría, e a obra foi executada por Excavaciones Nima.

Con relación a esta intervención, o mandatario local manifestou que “este Goberno séntese orgulloso deste tipo de accións; de lles dar unha oportunidade aos animais que foron apartados a un lado, abandonados ou maltratados, polo cal, mentres non sexan adoptados e estean baixo a custodia do Concello, sempre terán unhas condicións de vida dignas”.

Tamén agradeceu o “encomiábel labor que realiza a Protectora Moura a prol do benestar animal”. Actualmente hai nove cans á espera dunha familia no dito centro. As persoas interesadas en adoptar pódense pór en contacto a través do teléfono 604030396 ou do enderezo electrónico protectoramoura@gmail.com.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.