O Concello da Pobra acomete a conservación fluvial do río Morto

15 Decembro 2023

Aproveitando o bo tempo, o Concello da Pobra do Caramiñal acomete a conservación fluvial do río Morto; tarefas que está previsto que conclúan nesta fin de semana.

Os traballos consisten, fundamentalmente, na eliminación da vexetación e o depósito de sedimentos que dificultan o paso da auga. O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explica que se trata dunha intervención necesaria que se realiza para garantir a seguridade das casas da zona da Devesa, evitando así asolagamentos polo incremento do caudal en episodios de fortes chuvias por non poder circula-la auga fluvial.

O investimento ascende aos 22 000 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais, e a empresa que está realizando estes labores é Construcciones Constrios.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.