O alcalde de Ribeira e a concelleira de Cultura visitan o obradoiro do gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023

29 Decembro 2023


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e a concelleira de Cultura, Antía Alberte, visitaron a sede do obradoiro de Frouma Atlantic Wood, a empresa do ribeirense Fran Millán, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023.

Como lembraremos, o artesán gañou o concurso autonómico, convocado pola Xunta, coa peza Noray, un pequeno móbel auxiliar elaborado con madeira de batea. O carpinteiro, que traballa tódalas súas pezas con madeira de batea, estableceuse en Ribeira fai un ano.

O alcalde felicitou a Fran Millán e agradeceu que o artesán escollese a súa terra para establecer o seu proxecto económico. “É un orgullo para Ribeira ter artesáns deste calibre e debemos apostar por este tipo de produtos únicos”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.