O obradoiro Frouma Atlantic Wood, de Ribeira, Premio Artesanía de Galicia 2023

20 Decembro 2023

A Xunta entregou este 20 de decembro os Premios Artesanía de Galicia 2023. No palmarés (modalidade Premio Artesanía de Galicia) atopábase o obradoiro Frouma Atlantic Wood (Ribeira), que traballa con madeira reciclada. Impulsado por Francisco Millán, o obradoiro concorreu no certame coa peza chamada Noray, un pequeno móbel auxiliar que pode ser unha banqueta, unha mesa ou unha lámpada, elaborado a partir de madeira de batea e inspirada nos norais ou morróns dos portos galegos que son empregados para amarrar os cabos ao atracar os barcos.

Os Premios Artesanía de Galicia están impulsados pola Xunta co obxectivo de “recoñecer o talento e a traxectoria dos profesionais do sector artesán galego, estimular a súa creación e fomentar o relevo xeracional no sector”. Constan de tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto.

O Premio Artesanía de Galicia 2023, dotado con 9.000 euros, premia a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa tradición.

O galardón foille entregado a Francisco Millán de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen salientou a importancia deste sector non só a nivel local, senón tamén nacional e internacional. Neste sentido, lembrou os Premios Nacionales de Artesanía da semana pasada que tiveron “tanta presencia e tanto sabor galego”, nos que o sector artesanal galego foi distinguido en tres das cinco categorías, “o que quere dicir que aquí as cousas se están facendo realmente ben”. 

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.