
Unha muller resultou ferida tras chocar co seu coche contra un farol no acceso ao hospital de Barbanza. O accidente aconteceu n a tarde deste mércores na saída de vía en Ribeira, na estrada de acceso ao hospital de Barbanza. Nas primeiras curvas tras pasar a rotonda situada na AC-550, un vehículo foise recto e impactou contra un farol. Unha muller resultou ferida, aínda que non tivo que ser trasladada.
Foi o propio persoal de Urxencias Médicas o que alertou ao 112, que deu aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GAEM, á Policía Local de Ribeira e aos bombeiros do parque de Boiro.




