Luns con chuvias e lixeira baixa térmica

10 Decembro 2023

O luns continuamos nunha situación intermedia entre un anticiclón e unha borrasca polo que o ceo estará cuberto e precipitacións febles e persistentes en Fisterra, Muros, Noia, Barbanza, Santiago e norte do Salnés.

Pola noite a chegada dunha fronte fría deixará chuvias na maior parte do territorio. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur, forte entre Fisterra e Sisargas en mar aberto.

Haberá que esperar o mércores para que empecen a diminuir as chuvias e comece a situación anticiclónica que anuncia ceo despexado ata pasado o nadal.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 4 a 6 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.