Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da serie histórica

05 Decembro 2023

Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da serie histórica, segundo o avance do informe climatolóxico
elaborado por MeteoGalicia. Este período caracterizouse por temperaturas elevadas ao longo dos tres meses, pero de forma destacada en outubro, que, de feito, foi extremadamente cálido, mentres que tanto setembro como outubro foron moi cálidos.
Así, a temperatura media, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 16,4 grados, cunha anomalía de 1,9 graos. Máis polo miúdo, a temperatura mínima tivo unha desviación respecto ao valor climatolóxico de 2,4 graos e, no caso da temperatura máxima, a anomalía media foi de 1,4 graos Os valores máis altos, comprendidos entre 17,4 e 17,8 graos, rexistráronse no Miño de Ourense e de Pontevedra, nas Rías Baixas e nos arredores do Golfo Ártabro. Pola contra, as temperaturas máis baixas, en torno aos 10 graos, rexistráronse nas Serras do Eixe e de Queixa, macizo de Manzaneda e en Pena Trevinca.
No que atinxe ás precipitacións, foi un outono extremadamente húmido logo de rexistrarse, nas dezaseis estacións que compoñen a serie rexional, unha media acumulada de 797 l/m 2 , o que representa un 93% máis do establecido no período de referencia.
Isto debeuse principalmente ás chuvias xeneralizadas e persistentes dos meses de outubro -o segundo máis húmido de toda a serie histórica, logo do de 1987- e novembro, nos que as precipitacións estiveron moi por riba dos valores climáticos agardados. Nesa liña, cómpre indicar que o mes de setembro se caracterizou por ser húmido e os dous restantes foron moi húmidos.
As serras litorais e setentrionais e as zonas montañosas de Lugo e Ourense rexistraron os valores máis altos de precipitacións, entre 1350 e 1600 l/m 2 , mentres que os máis baixos, entre 350 e 500 l/m 2 , corresponden ao litoral da Mariña e aos vales dos ríos Casaio e Támega.

Outros artigos

Venres 28, estabilidade con nubes e temperaturas sen cambios

A comarca continuará baixo a influencia das altas presións, con circulación do norte. A xornada comezará con néboas nas comarcas do interior, que se disiparán deixando ceos con nubes altas en xeral, aínda que máis anubrados no litoral norte e noroeste. As temperaturas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...