“Facer cola”. Xulio Xiz

08 Decembro 2023

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso que produce un gran beneficio directo ás arcas públicas.

Teño dito e repítoo aquí que non me gusta ver colas para mercar lotería, e gustoume velas na campaña de viaxes do Imserso porque está moi ben que os maiores nos apuntemos a todo o que aparece no noso radio de acción. Teño participado nestas viaxes, e acredito que son ocasións perfectas para viaxar lonxe, por igual ou menor custo ca o da vida cotiá na casa. Ver colas de xubilados nas Axencias de Viaxes provocoume boas vibracións por ver que os que temos liberdade laboral sabermos voar libres.

Non me gustan as colas para comprar lotería, quizais por non ter sorte no xogo e que nunca recupero máis do 10% do investido, o que é lóxico porque dalgún lugar saen os millóns dos premios e o que as arcas do Estado levan polo noso afan de tentar o azar, como impostos que pagamos que a ninguén lle doe aportar.

Se o Estado puxese igual empeño en que investísemos en bolsa ou aforrásemos, mellor nos iría como país, pero ninguén adoita pensar na sangría económica que supoñen os xogos de azar nos que, pola probabilidade infinitesimal dun premio imposible ilusionámonos…e facemos cola. Pola ilusión. Prefiro a ilusión das viaxes, e parécenme fermosas as colas dos maiores que non queremos ser vellos e apostamos por respirar aires que nos fagan comprobar que, como dixo Paul Eluard, “hai outros mundos, pero están neste”.

Outros artigos

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...

+

“Al final, tú eres lo que queda de mí” – Manuel Domínguez

Cuando yo marche, sin querer marchar, tú serás lo único vivo que queda de mí. Una cosa te pido respeta el nombre de la familia, se dignó de él, no lo mancilles. Te dejo la cama donde un día vele tus sueños, reclamabas  mi presencia. Te transmito no una casa, sino...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...