Este xoves arrinca en Porto do Son o Internatural 2023

27 Decembro 2023

Este mércores 27 de decembro arrinca en Porto do Son o evento deportivo Internatural 2023, acontecemento que combina competición e formación no taekwondo base. Segundo informou a organización, máis de 300 deportistas daranse cita nas distintas actividades que se desenvolverán ata o sábado no Pavillón de Santa Irene. O programa de actividades, entre outros puntos destacados, inclúe a presenza de Irene Montemuíño e Noa Romero, que acadaron o bronce no Campionato Europeo 2023 e que foron distinguidas este martes polo Concello de Ribeira, tal e como informamos dende mesmo medio. O evento, segundo salientou a organización, será unha oportunidade para iniciaren no taekwondo aos rapaces e rapazas do concello e da comarca. Ao longo da semana desenvolveranse actividades multidisciplinares de formación e o sábado está prevista unha competición de combate amateur e posterior exhibición. A previsión é que unhas 5.000 persoas se despracen até Porto do Son para participar na cita, organizada polo Club Natural Sport coa colaboración da Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.