“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

14 Outubro 2026

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos preguntamos, entón, se son os fillos e netos dos franquistas ou ben simplemente son uns desgraciados manipulados pola dereita política e mediática?

Falan de España coma se o país fose deles, atrevéndose a insultar e acosar a outro numeroso grupo de mozos, e non tan novos, que están a loitar pola dignidade e o cumprimento constitucional do dereito á vivenda. Certo é que os mozos son o futuro e este terase que gañar a base de reivindicacións, compaxinando a loita nas rúas e nos despachos oficiais.

A vivenda leva sendo un problema enquistado no noso país, desde hai décadas, e nunca houbo a suficiente vontade política de propoñer medidas reais a non ser a construción descontrolada co único obxectivo do negocio privado, a usura e a especulación.

Recordo cando comezamos loitando en contra das entidades financeiras e os fondos de investimento, por falta de pagamentos da hipoteca, que desafiuzaban a miles de familias humildes e vulnerables das súas vivendas habituais e actualmente son moitos grandes propietarios, co beneplácito das diferentes Administracións Públicas que non son capaces de garantirlles unha alternativa habitacional.

                  

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.