O Concello de Ribeira fai un recoñecemento aos taekwondistas Irene Montemuiño, Lois Tomás e Noa Romero

26 Decembro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal Peón e as concelleiras Herminia Pouso, Antía Alberte, Tania Redondo, Cruz Rivadulla recibiron no Consistorio, este martes 26 de decembro, aos deportistas do Club de Taekwondo Natural Sport.

O edil de Deportes felicitou ás e aos integrantes do club polos éxitos acadados recentemente e animounas/os a que sigan esforzándose para acadar novas medallas e títulos.

“É un orgullo contar con deportistas de alto nivel no noso concello, estamos seguros de que acadaredes novos éxitos proximamente”, aseverou Vidal Peón, quen avanzou que o Goberno local vai seguir apostando polo deporte de base e colaborando con todas as entidades deportivas para que “poidan seguir desenvolvendo a súa actividade no municipio”.

Homenaxe a Noa Romero

Pola súa banda, Pérez Barral felicitou ao deportistas pola súa traxectoria xa que dende cativos estiveron adestrándose e agora “recollen o froito de tantas horas de dedicación e esforzo sobre o tatami e son exemplo en valores como a disciplina, a determinación e o respecto”. O rexedor ribeirense tampouco quixo esquecer os adestradores Adri Jiménez, Raúl Bouzas, Osiris Romay Pablo Carou e Juan Luis Martínez aos que lle recoñeceu a súa dedicación para formar a todos estes deportistas. “Estades apostando pola xente da casa e iso é unha honra para o club e para Ribeira”.

Homenaxe a Irene Montemuíño

Pola súa banda o director deportivo do Club Natural Sport Juan Luis Martínez, expresou a súa gratitude pola disposición do Goberno municipal a colaborar sempre co club e ter as portas abertas en todo momento a novas propostas de traballo.

Martínez asegurou que Ribeira está “sendo un referente nesta disciplina deportiva” e informou que en xaneiro visitará a localidade para impartir un curso Dragan Jovik, “o mellor adestrador do mundo distinguido pola Federación Mundial ao ter medallas Olímpicas, europeas e mundiais”. Segundo engadiu, Dragan “só imparte dous cursos anuais e un dos lugares que escolle sempre é Ribeira” asegurou. “Este ano virá acompañado de Nebojsa Sakic, preparador físico, que impartirá unha parte do curso exclusiva para adestradores”.

Homenaxe a Lois Tomás

Breve currículo dos deportistas

Irene Montemuíño, acadou no pasado Europeo S21 a medalla de bronce e xa foi campioa de España en varias ocasións. Na actualidade está situada entre as 15 primeiras deportistas da clasificación mundial.

Lois Tomás, acaba de gañar o ouro estatal en S21 e a prata en absoluto. Este ano participou en numerosos internacionais e xa está clasificado para o vindeiro torneo estatal de taekwondo. Está sendo un dos deportistas con máis proxección.

Noa Romero, aínda en idade júnior, acaba de obter a medalla de bronce no Europeo S21. Noa xa foi campioa de estatal júnior e cadete. Nestes intre xa está clasificada para o estatal absoluto.

O Goberno local agasallounos cunha peza de cerámica galega e cun bono de cen euros para gastar en tendas deportivas do municipio.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.