
O espírito do Nadal chegou, un ano máis, á empresa pobrense CONGALSA que, como é habitual nestas datas, lanzou un concurso para premiar as mellores postais do Nadal realizadas, con técnica libre, pola rapazada vencellada familiarmente aos traballadores da compañía. Nesta VI edición da iniciativa, que foi instaurada en 2018, recibíronse 27 propostas, unha das cifras máis altas na historia do certame.
Todas elas foron valoradas por un grupo de profesionais externos, relacionados co ámbito cultural e artístico, que distinguiu a tres gañadores (un por cada categoría dentro de concurso). O artista Cándido Pazos, a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira, e a ilustradora Marta Riera achegaron o seu criterio para a elección dos tres traballos distinguidos.
Os gañadores recolleron este 19 de decembro, nas instalacións de CONGALSA, os seus premios de mans do director xeral da compañía, Luis Miguel Simarro. Así, na categoría baby o gañador foi Adam Merzouga Rizki, un neno de tan só tres anos; mentres que na categoría júnior o premio foi a parar para Carolina Comesaña García, de sete anos. Finalmente, na categoría teens a distinguida sido Sofía Agrafojo Lorenzo, unha adolescente de 14 anos. Todos eles foron obsequiados con material de pintura para axudarlles a seguir desenvolvendo a súa vertente artística.
Os premios foron entregados nun acto celebrado na sede da compañía, ao que foron convidados os 27 nenos que participaron no concurso.

Certame de Nadal para os traballadores
Xunto a isto, este ano por vez primeira, CONGALSA puxo en marcha outro concurso con temática do Nadal que se dirixiu aos propios traballadores da empresa, no que se valoraron especialmente os traballos realizados con materiais reciclados.
Trátase do I Concurso de Adornos do Nadal, no marco do cal recibíronse xa preto de vinte propostas, que foron valoradas tamén por profesionais externos: o artista Jontxu Argibay acompañado de usuarios do obradoiro de artesanía da Asociación Ámbar coa que CONGALSA colabora habitualmente, o escultor local Manuel Teira e o artista Cándido Pazos. Os autores dos mellores traballos, Raquel Seco (primeira), David Comesaña (segundo) e Alicia Romero (terceira), recibiron tarxetas regalo por parte da empresa por diferentes importes. Outorgáronse 3 mencións especiais a Diana Sabillón, Carolina Oujo e Ana María Fontao.
CONGALSA tamén organizou por 4º ano consecutivo unha recollida solidaria de xoguetes entre os seus traballadores. Trátase dunha iniciativa que conta cunha ampla participación por parte do persoal da compañía (o ano pasado entregáronse uns 200 xoguetes). Todo o doado no marco desta campaña interna da compañía irá dirixido a entidades locais que traballan directa directamente axudando a colectivos desfavorecidos e familias en risco de exclusión social.
Acto, visita e chocolatada
Os premios foron entregados este martes 19 de decembro nun acto festivo celebrado na sede da compañía, ao que foron convidados os nenos que participaron no concurso de postais, xunto cos seus familiares así como os traballadores participantes no concurso de adobíos. Todos os participantes recibiron obsequios pola súa participación.
Os voluntarios do Proxecto Persoas de CONGALSA, encargados da organización destas iniciativas, disfrazáronse de Papá Noel e elfos, para goce dos máis pequenos. CONGALSA mostrou o seu máis sincero agradecemento ao Concello da Pobra por colaborar cedendo un trono para decorar a sala na que se desenvolveu o acto.
A empresa tamén colabora de maneira activa nas accións do Nadal do Concello.
Tras a entrega de premios, os asistentes ao acto realizaron un breve percorrido guiado por algunhas das dependencias da compañía, durante o cal puideron coñecer directamente o traballo que se realiza en CONGALSA.
Finalmente, todos xuntos gozaron dunha chocolatada con churros Ibercook Food Service.
Cea de Nadal
O venres 22 a empresa reunirá a todo o seu persoal na súa tradicional cea de Nadal, que este ano está previsto que se celebre Pavillón Deportivo do Polígono da Tomada, na Pobra, onde a empresa ten a súa sede principal.



