Ángeles Vázquez e Santiago Freire traballan para ampliar a parque de vivendas protexidas de Noia

09 Decembro 2023

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Noia, Santiago Freire, para analizar vías de colaboración en materia de vivenda. Durante o encontro, o rexedor trasladoulle a necesidade de ampliar o parque de vivendas protexidas da localidade, ao que a vicepresidenta segunda propuxo varias alternativas. Por exemplo, dado o feito de ter Noia menos de 20.000 habitantes, o Concello podería optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal. Nese caso, as axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada.

A conselleira tamén debullou a posibilidade de que, no caso de dispor ou adquirir algún inmóbel susceptíbel de destinarse a uso residencial, podería obter financiamento ao abeiro do fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

E, a maiores, tamén podería optar ao programa de construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...