Xa se pode solicitar o voto por correo para as próximas eleccións ao Parlamento autonómico, que se celebrarán o 18 de febreiro de 2024, de acordo con a convocatoria publicada este martes no Diario Oficial de Galicia.
Os electores que decidan votar desta forma poderán solicitar ata o día 8 de febreiro (incluído) o certificado da súa inscrición no Centro Electoral da Comunidade Autónoma de Galicia. “A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia podese solicitar por vía telemática, a través da web ‘www.correos.es’, ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España”.




