A Xunta remata os traballos de construción da vía que conecta as dúas estradas principais do Parque de Espiñeira (Boiro)

26 Decembro 2023

A Xunta de Galicia informou do remate das obras de construción da vía que conecta as dúas estradas principais do Parque Empresarial de Espiñeira, en Boiro. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou a zona este martes 26 de decembro, onde destacou que “esta actuación dá resposta a unha demanda dos empresarios do polígono co obxectivo de mellorar a mobilidade en toda a área empresarial”.

A representante do Executivo galego salientou tamén que a realización desta vía (denominada Eixo-2 no proxecto de urbanización) foi especialmente complexa pola existencia na zona de restos arqueolóxicos catalogados e protexidos pola normativa vixente. “Ante esta situación”, sinalou, “adoptáronse as medidas oportunas de conformidade cos criterios e supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio executando unha coieira cunha varanda de madeira que permite protexer adecuadamente a mámoa existente”.

Lembrou tamén que durante as obras atopouse unha peza arqueolóxica denominada “Pulidor” que foi entregada ao Museo do Barbanza para que pase a formar parte do patrimonio cultural da zona e que todos os interesados poidan visitalo.

A vicepresidenta segunda salientou “a importancia desta conexión viaria entre as dúas estradas principais do parque empresarial pois permite vertebrar mellor a contorna e facilitar o labor das empresas localizadas nel impulsando a súa actividade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.