A Unidade Veciñal de Dodro convoca este xoves unha concentración en defensa do Centro de Saúde da vila

12 Decembro 2023

A convocatoria terá lugar este xoves 14 ás seis da tarde diante do centro de saúde en Lestrobe.

Esta é unha proposta unitaria sen ningún tipo de siglas, na que a Unidade Veciñal de Dodro solo convoca a mesma e que foi remitida a todos os grupos políticos de Dodro e os distintos axentes sociais ante a grave situación no que se atopa o centro médico de Lestrobe no que soamente atende un solo médico a toda a poboación de Dodro polo traslado da outra médica e que non se cubre o seu posto dende a Xunta de Galicia.
Animan a toda a veciñanza a que acuda a esta concentración indistintamente de cal sexa a súa filiación política porque a mobilización ten que ser de todos para facer mais visible o problema.
Están a favor das distintas mobilizacións que poidan realizar distintas formacións políticas de forma individual e animan tamén á veciñanza a apoiar estas convocatorias.
No transcurso da concentración lerase un “Manifesto pola Atención Primaria Sanitaria no Rural” que encabeza o seguinte texto: “Nós, os veciños de Dodro, reunímonos hoxe para expresar a nosa firme convicción na importancia vital da atención primaria sanitaria nas zonas rurais.
Recoñecemos que a saúde é un dereito fundamental de cada individuo, independentemente da súa localización xeográfica, e afirmamos a necesidade de garantir un acceso equitativo e de calidade aos servizos de saúde para todos os habitantes das nosas comunidades rurais.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.