A Ruta do Nadal BTT de Ribeira celebrarase o 7 de xaneiro con saída e chegada na Fieiteira

28 Decembro 2023
Presentación da proba nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)


A vindeira edición (a edición XIII) da Ruta do Nadal BTT celebrarase en Ribeira o vindeiro domingo 7 de xaneiro con saída e chegada dende o Complexo Deportivo A Fieiteira. O Concello de Ribeira organiza esta ruta en colaboración coa asociación de veciños de Carreira, Arousa Neo, Os Saltamontes Sportbike e Dalle Pedal, co propósito de “dar a coñecer algúns dos enclaves naturais do noso territorio á vez que se fomentan os valores deportivos”, explicou o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, engadindo que na actividade facilítase unha toma de tempos pero será única e exclusivamente a nivel informativo; non acadando premio ou trofeo algún segundo orde de chegada.

Dende a organización poranse dous avituallamentos en ruta, dous trazados con distintas distancias e dous puntos de apoio mecánico para calquera avaría.

Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (30 e 50km) con diferentes niveis de dificultade. As inscricións están abertas ata o vindeiro 4 de xaneiro ás 11:00 horas e poderanse facer na páxina www.cronotec.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.