A Papanoelada Moteira da Pobra traerá solidariedade e deporte sobre dúas rodas

01 Decembro 2023

No 16 de decembro ruxirán os motores coa Papanoelada Moteira Solidaria organizada polo Motoclub SinFrenos e a Asociación de Grupos Moteiros Galegos coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal e de numerosas empresas.

Segundo o concelleiro Eloy Sobrido, trátase dunha cita que “une deporte e solidariedade nunhas datas tan sinaladas a través da recollida de alimentos non perecedoiros e a visita á residencia de maiores, ademais de servir como xuntanza para os/as motoristas.”

A ruta en moto partirá ás 16.00 horas da praza Alcalde Segundo Durán, que se establece tamén como punto de entrega de alimentos non perecedoiros antes da saída, polo que pode achegar o seu gran de area a esta causa calquera persoa aínda que non sexa participante neste evento.

Sobre as 17.45 horas farase unha parada na residencia da terceira idade para visitar aos maiores. Posteriormente, retomarase o percorrido sobre dúas rodas para, ao concluír, desfrutar duns petiscos no Café-Bar La Bolera.

Entregaranse, ademais, trofeos aos tres motoclubs máis numerosos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.