A Marea de Noia reclama a inclusión da ría no listado de zonas catastróficas

13 Decembro 2023


Logo do anuncio por parte da Xunta de que se están a recadar datos para declarar as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra como Zona Catastrófica, a Marea reclama a inclusión neste listado da ría de Muros-Noia, “fortemente afectada por esta situación”, segundo lembra a agrupación, engadindo que “nas rías afectadas alcanzouse unha mortalidade do 95% do berberecho e do 75% da ameixa xapónica, e máis alá destes datos nunca vistos, hai que pensar que moitas das persoas que se dedican ao marisqueo non tiveron ningunha axuda, sendo só algunhas delas as que puideron solicitar o cese de actividade, o paro dos autónomos, cunha duración máxima de 6 meses”. Con todo, sinalan, “ese cese de actividade segue sen estar aprobado para a gran maioría de persoas que o pediron, polo que a gran maioría levan sen ningún tipo de ingreso desde hai máis de 2 meses”.

A Marea critica que no anuncio realizado pola Xunta de Galicia só se nomea ás rías de Pontevedra, Arousa e Vigo, obviando á de Muros e Noia, cuxa campaña leva meses pechada e non ten visos de que se abra antes de, como mínimo, 10 meses. “Este esquecemento da Xunta da ría que máis berberecho produciu historicamente non ten xustificación algunha”, sinalan, esixindo que “se inclúa á ría de Muros-Noia entre as rías afectadas pola alta mortalidade”.

E engaden: “Despois de que morrese o 90% da cría que tiña que servir para garantir a próxima campaña sería incomprensíbel que non se incluíse a esa ría e non queremos pensar que se fai de xeito premeditado”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.