A Deputación da Coruña e FRUGA estudarán (e impulsarán) o potencial económico da biomasa forestal dos montes en mancomún do Barbanza

26 Decembro 2023

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno celebrado o venres, 22 de decembro, o convenio de colaboración entre a institución provincial e a Federación Rural Galega (FRUGA), para o financiamento dun proxecto para estudar e impulsar a viabilidade económico-social e medio-ambiental nas franxas da biomasa forestal nos montes veciñais en mancomún do Barbanza e da Costa da Morte. O orzamento total deste proxecto ascende a 60.042 euros, dos que a Deputación achega 48.000 euros, o que supón o 80 % da actuación.

“O obxectivo deste estudo é acadar nas ditas comarcas un maior coñecemento das posibles viabilidades económicas, sociais e medioambientais da xestión da biomasa forestal, naquelas superficies dos seus montes nas que é necesario establecer faixas de protección de carácter social, como é a prevención e a loita contra os incendios forestais”, explicou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

A Federación Rural Galega ten como finalidade principal a defensa dos intereses das asociacións vinculadas ao medio rural galego e asociadas ás mesmas así como tamén a información, a formación, a investigación e a transferencia de coñecementos en actividades relacionadas co rural galego, en calquera das súas formas.

Ademais, o servizo desenvolvido pola entidade está a levar a cabo diversas actuacións no eido do medio ambiente, que teñen relación cos Montes Veciñais en Man Común, en aplicación da lexislación de prevención e defensa contra os incendios forestais, e a repercusión económica de custos de xestión da biomasa forestal nas superficies afectadas polas faixas de protección de redes secundarias e terciarias, e a formulación de alternativa para a sustentabilidade económica e social por medio dos aproveitamentos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...