A axenda do Nadal de Dodro vén con teatro, actividades festivas e participativas e deporte

18 Decembro 2023

Dodro tamén centrará a axenda de Nadal na rapazada, achegando actividades culturais, creativas e de lecer para este tempo de vacacións. Entre as actividades máis destacadas figura a programada para o día 22: a festa familiar dos Monstruíños de cores, a partir das 17.00 no Pavillón Municipal. Haberá, en palabras do Concello, “diversión, música, inchábeis e boa compañía”. Trátase dun dos espectáculos da Rede Cultural da Deputación que forma parte da programación de Nadal.

A maiores, o vindeiro día 27 A Xanela do Maxín trae a Dodro un contacontos con monicreques baixo o título de O Apalpador e a nena sen medo inspirado no libro de Celtia Figueiras. Trátase dun espectáculo familiar para a rapazada (a partir de tres anos) que nos conta a historia do Apalpador e a súa xenerosa teima de traer agasallos e castañas dende os montes de Courel, polo tempo de Nadal. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras en galego para encher o corazón e coas que poder voar en soños.
A cita ás seis da tarde na Casa da Cultura de Dodro
O espectáculo tamén se encadra n a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O día 5 de xaneiro, o concello recibirá a visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, co Pavillón de Deportes como punto de encontro. Haberá animación musical, agasallos e lambetadas.

Ademais, en xaneiro iníciase o segundo semestre das Escolas Deportivas Municipais, organizadas pola área municipal de Deportes e coa colaboración da Deputación. O inicio está previsto para o 8 de xaneiro. Para nenas e nenos ofrécense as seguintes actividades: psicomotricidade, multideporte, patinaxe e baile deportivo. Para maiores de 15 anos, ximnasia de mantemento, pilates, zumba, adestramento funcional – crossf. Para as persoas maiores de 65 anos e persoas con mobilidade reducida as actividades programadas son psicomotricidade e tonificación. As actividades levaranse a cabo no Pavillón Municipal. Máis información a través do 981802532 e deportes@dodro.gal.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.