“Turismo no Courel” – Xulio Xiz

15 Novembro 2023

Folgoso dista da capital 108 km. que leva percorrer alomenos hora e media, polo que este concello lucense nos queda máis lonxe ca calquera cidade galega. Adoitamos criticar o estado de pavimento de autovías e estradas que foron principais, pero non hai mellor xeito de comprobar a situación ca viaxar á montaña do leste e sur da provincia para saber como están as comunicacións con zonas que se quere sexan turísticas.

Na nosa montaña poñer o GPS e comprobar que os minutos que leva un traxecto son máis ca os quilómetros a percorrer pode estar ben para o viaxeiro turístico do risco e as sorpresas, pero quen vive na zona merece comunicacións decentes.

Estiven no Courel participando nunha acción que patronea José María López Bourio para potenciar o turismo, a empresa e a vida nos tres concellos que conforman a comarca, e atopei xente ilusionada, intelixente, traballadora, consciente… Son a mellor garantía do futuro daquela terra.

O Courel é un paraíso que temos pendente de descubrir, porque alí – tan lonxe e tan preto á vez – hai iniciativas singulares, casas rurais, restaurantes, guías turísticos, festas, feiras, vida en fin, que agarda un turismo selectivo, respetuoso co medio ambiente, que busque natureza en estado puro, e artesanías, e alimentos naturais e xente apegada a unha terra difícil que quere seguir vivindo alí, criando alí aos seus fillos, mantendo vivos os colexios, tendo na montaña axeitada conexión con Internet, e mellores vías de comunicación. É un mundo arredado da vida da cidade, pero son moi conscientes do que teñen, e están dispostos a compartilo con todo o que chegue ao Courel.

Outros artigos

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.