“Tía Manuela: A formación e a guerra”. Luís Celeiro

01 Novembro 2023
Luís Celeiro


Espertou e alá foi. Non se acordaba de nada do que soñara, daqueles plans inmensos para arranxar o mundo. Plans grandes e bonitos, redactados coa imaxinación daqueles que queren para eles, para os iguais e para todos, un mundo mellor, de igualdade, sen fame e con xustiza. Moitos soñan da mesma maneira e moitos pensan (pensamos) que é posible e que se acadará algún día. Que sexa pronto!
Cando se mira a realidade da vida, dos tempos e das cousas obsérvase nitidamente que non é igual que o soñado. A maioría das veces é peor ou non ten nada que ver co que se quere, co que se busca e se persigue. Pero, aínda así, hai que perseguir e seguir pelexando, cada día, por ese mundo co que soñas. Hai que facelo, prezadas e prezados lectores, con dedicación e determinación, con disciplina e, se cómpre, con esforzo.
Hai que facer moito esforzo, todo o que faga falta, para que paren as guerras, que se
deteñan e se enterren as armas; para que quebren as empresas de armamento todas, para
que ninguén sexa quen de accionar o gatillo e para que os empresarios e tódolos actores da
guerra teñan que cambiar o seu modo de vida. Se son capaces que o dignifiquen e, en
calquera caso, que deixen de matar.
Os contos que contan os que foron á guerra, a calquera das guerras, son todos eles con final
triste, son contos que fan saltar as bágoas, que estreitan as veas e reducen a capacidade de
entender de todos, de modo moi singular, daqueles que buscan a paz, como arma para o
entendemento, para a comprensión e para derrotar aos poderosos, a eses que ven o mundo
polo punto de mira do fusil dalgún dos seus soldados.
Unhas guerras tapan ás outras. Todas son innecesarias e inxustas, limitan as liberdades,
sementan ruindade, calamidade e desastre. Son o camiño máis rápido e máis curto para
alcanzar a pobreza dos pobos e da xente que queda viva. Son un negocio para aqueles que
as alentan e que se afastan delas, para os que viven das guerras sen o cheiro e sen o ruído
das bombas, sen os mortos na porta da casa.
Algún día, será posible reducir ou eliminar o gasto en defensa? Hai que pensar en que cando
se viva nun mundo máis igualitario e máis xusto, os homes respectaran aos seus iguais, aos
seus imáns, independentemente da cor da pel, da estatura e do lugar onde naceran ou onde
viven. Efectivamente, todos son (somos) merecedores de seguir en paz.
A Tía Manuela pensa que para fortalecer a irmandade, e acabar coa barbarie e con tanta
atrocidade, é necesario capacitar e formar máis e mellor á sociedade, abrir fiestras á cultura
e distribuír o coñecemento. Si, a formación, sen fundamentalismo, quizais sexa a arma
axeitada para evitar tanta ou calquera guerra.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.