Ribeira presenta o programa de obradoiros e campamentos para o Nadal

15 Novembro 2023

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño e o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta presentaron este mércores 15 de novembro os obradoiros e campamentos que se están a organizar para este Nadal.

Segundo explicaron, os obradoiros que se celebrarán serán de arte floral, decoración de botes e botellas de Nadal, agasallos de cerámica e decoración de caixas de madeira. Terán varias quendas e celebraranse en tódalas parroquias. As inscricións comezarán o xoves 23 e os horarios publicaranse nas redes e na páxina web do Concello. En total, haberá prazas para 150 persoas.

Polo que respecta aos campamentos, están destinados a nenos e nenas nados dende o 2014 ata o 2020 e celebraranse no Grupo. O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns e a listaxe de admitidos publicarase o 12 de decembro. As inscricións poderanse realizar de xeito presencial a través da Casa da Xuventude, de 9:00 a 14:00 ou ben vía telefónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.