Outes presenta a segunda edición do seu concurso de tapas

15 Novembro 2023

Este mércores 15 de novemro presentouse a II edición do certame gastronómico En Outes de Tapas. Na cita participaron o alcalde, Manolo González, e máis a concelleira de Turismo, Soledad Agra, quen destacaron “o éxito acadado na edición anterior” e “a boa acollida que tivo por parte do público e a importancia que ten para dar a coñecer a gastronomía de Outes e aos distintos establecementos que participan”.

Segundo engadiron, este ano serán dez establecementos os que propoñen un percorrido por distintas parroquias do concello coa intención de “sorprender aos visitantes coas elaboracións previstas”. Será, sinalaron, “unha nova aposta pola cociña tradicional con produto local pero ao mesmo tempo innovadora e chea de creatividade”. Os establecementos participantes son:

No Freixo: O Taboleiro, Pepe do Coxo, Asador Albatros e A de Vila.

No Cruceiro de Roo: Hostal Viña

Na Serra de Outes: Casa Amanda e John Turkey

En Santo Ourente: A Nosa Taberna

En Cando: Restaurante Fera

En Valadares: O Chouto.

Nesta edición o gañador terá que pasar unha dobre valoración xa que ademais do veredicto do público teremos un xurado profesional que fará a sua valoración en base a creatividade, innovación, sabor e uso de produto local. Ao igual que o ano pasado as tapas teñen un valor de 2 € e sortearase unha cea para dúas persoas valorada en 150 € nun dos locais participantes. As datas do Concurso son os días 17, 18, 19 e 24, 25 26 de Novembro “o cal”, sinalaron González e Agra, “axuda a desestacionalizar as visitas ao concello e a promocionar o produto de tempada”.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.