Os novos músicos Uxía García e Alberte Núñez actúan este domingo en Rianxo co VI Ciclo de Novos Intérpretes

07 Novembro 2023

Este domingo 12 de novembro Rianxo vai acoller unha nova actuación musical do Ciclo de Novos Intérpretes, que vai pola súa sexta edición. Será un concerto interpretado por Uxía García (frauta travesa) e Alberte Nuñez (acordeón). O espectáculo estará organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña. Celebrarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O VI Ciclo de Novos Intérpretes deu comezo o 1 de outubro con Trío Ardora (óboe-viola-violonchelo) e proseguiu o día 15 con Belén Carril Miguéns (fagot), o 29 de outubro con Emma Giménez (trombón) e Félix Rodríguez (bombardino) e o 12 de novembro de Uxía García Conde (frauta travesa) e Alberte Núñez Martínez (acordeón).

O ciclo remata o 26 de novembro do Ensemble de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.