O PP de Ribeira, a través da concelleira Ana Isabel Barreiro Rego, compartiu os detalles dunha pregunta en pleno relativa ao programa de servizos sociais de dinamización social e cultural das persoas maiores do termo municipal, que é, en palabras da agrupación, un dos programas que máis aceptación ten entre a poboación, tanto a dos maiores como resto da veciñanza. Lembran que se trata dun servizo cunha ampla gama de actividades físicas, lúdicas, sociais, saudábeis e de lecer que se estende a todas as parroquias do concello, unha cobertura que, indican, foi un dos compromisos do anterior goberno local. Porén, engaden, “vimos de saber que nas parroquias de Aguiño, Castiñeiras, Oleiros, Olveira e Corrubedo…etc todas menos Ribeira e Palmeira acaban de comezar a impartirse esta semana as clases de Memoria, case a rematar o trimestre, pese a que o programa foi presentado hai meses, e que ofrece ás persoas maiores un servizo esencial, moi demandado e de gran necesidade”. cultural
O PP fai saber que foron varias as veciñas e veciños das parroquias que achegaron á alcaldía o seu malestar.
A xuízo do PP, “isto deixa claro que tiñamos razón cando diciamos que se se tumbaban os nosos orzamentos que non íamos poder contratar a profesora do Conservatorio, o tempo danos a razón. E daquela tivemos que “escoitar por parte da oposición, hoxe goberno, que éramos uns alarmistas”. E engaden: “Alén disto que expoñemos, sabemos que a contratación da mestra
estivo a sufrir atrasos xustificados polo prazo de exposición pública dos orzamentos do Concello aprobados o 11 de outubro. Iso
sabémolo, pero cal foi a nosa sorpresa saber que outra mestra que estaba na mesma situación de espera da exposición pública foi
contratada o 19 de outubro, sen que rematara o prazo da devandita exposición pública”.
Na moción o PP tamén lanza a seguinte pregunta: “Xa que a unhas persoas se lles contrata e a outras non, cal foi o motivo desta discriminación a hora de que estas traballadoras empezaran a traballar?”.



