O mago Dani Polo, unha das grandes promesas do ilusionismo galego e estatal, estará os días vindeiros en Porto do Son para achegar un espectáculo familiar de primeiro nivel: Enmaxiarte. Trátase, segundo informa do Concello, “dun show fresco e novidoso para todos os públicos, con números espectaculares e onde o humor e a participación do público ten un papel fundamental”. A cita será o 2 de decembro ás 17.00 horas, na Casa da Cultura de Porto do Son. A entrada é libre. Organizan o Concello e a Deputación da Coruña (Área de Cultura).
O galego Dani Polo, natural de Melide, é un dos magos revelación no mundo da maxia debido á súa idade, xa que comezou desde moi nova a realizar espectáculos de alto nivel e de gran calidade artística.
Enmaxiarte é un espectáculo para toda a familia onde se mesturan maxia participativa, humor e ilusión.




