O Grupo de Teatro de Ames leva a Outes a súa comedia irreverente “Non podo máis!”

10 Novembro 2023

Este domingo, 12 de novembro, ás 19:00 horas, o Grupo Municipal de Teatro de Ames representará na Casa da Cultura de Outes a obra Non podo máis! Trátase dunha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. A obra é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas.

O grupo porá sobre o escenario situacións recoñecíbeis do día a día, onde a paciencia dos protagonistas será posta a proba. Por exemplo: cando alguén se cola diante túa no supermercado, ou cando a nosa filla adolescente quere saír de botellón ou cando nun restaurante de prestixio nos serven un prato baleiro chamado “aroma de cocido”. A obra Non podo máis! é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas.

O elenco está conformado por Carmela Pardal, Chelo Cajide, Cris Botrán, Emilia Mayo, Gene Martínez, Ilduara García, Maite Fajardo, Mirela González, Mirella Vázquez e Pablo Núñez.

Este ano o grupo está formado por 15 compoñentes. Agora mesmo están en proceso de formación, traballando habilidades teatrais e facendo dinámicas de grupo, e sobe todo creando un clima lúdico entre o grupo. En breve comenzarán coa peza que estrearán a finais do curso 2023-2024.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.