
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro Francisco Suárez-Puerta, visitaron a obra de pavimentado en Deán que se rematou este martes 31 de outubro. Segundo explicaron, “o acondicionamento desa rúa era unha actuación moi demandada á que o Goberno municipal dou prioridade debido ás fochancas que poñían en risco a seguranza viaria”.
O Concello investiu máis de 480.000 no pavimentado para mellorar a accesibilidade de vehículos, peóns e tamén para o transporte público e servizos de emerxencia.



