O Concello de Ribeira inaugura este venres a escultura que homenaxea ás vítimas do franquismo na cidade

07 Novembro 2023
Presentación do acto institucional este martes no Consistorio de Ribeira (foto de Alba Cambeiro)

O alcalde de Ribeira e a concelleira de cultura, Antía Alberte, presentaron este martes 7 de novembro, xunto a Xoan Hermida (Asociación Memoria Histórica do Barbanza), o acto institucional que acompañará, este venres ás 20.00 horas, a escultura de Soledad Penalta que se atopa no porto de Ribeira e que rende homenaxe ás persoas que foron asasinadas ou represaliadas polo fascismo na Guerra Civil.

A inauguración, por certo, coincide co aniversario do fusilamento do escritor e xornalista ribeirense Manuel Lustres Rivas.

No evento participarán Xosé Antonio Pérez Fernández, historiador e membro de Memoria Histórica do Barbanza, María Dolores Sanlés Sieira e Celia García Pillado, familiares de represaliados, Soledad Penalta, escultora, e Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira.

“Queremos homenaxear a tódalas persoas que sufriron represalias durante o franquismo no noso concello e que deron a súa vida pola liberdade de polos valores democráticos” explicou o alcalde Luís Pérez Barral. “Dende as institucións e dende o eido local temos que colaborar para que esas persoas que deron a súa vida pola liberdade teñan un recoñecemento público”, engadiu.

Outros artigos

Luns 28 con choivas xeneralizadas e vento forte nas Rías Baixas e Santiago O paso dunha fronte atlántica moi activa marcará a xornada deste luns 28 de setembro en Galicia, deixando precipitacións continuadas e un notable aumento da intensidade do vento no terzo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.