O Concello de Ribeira impulsa unha nova edición do concurso de decoración de Nadal para comercios e hostalería

29 Novembro 2023

O concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Comercio, Veva Betanzos; presentaron este mércores 29 de novembro os detalles do concurso de decoración para comercios e locais hostaleiros. Segundo fixeron saber, o certame está aberto a negocios de todo o concello, e haberá 3 premios para cada modalidade; un primeiro premio cunha cesta valorada en 300 euros, un segundo premio cunha cesta valorada en 200 euros e un terceiro premio que constará dun bono de 150 euros para gastar no comercio local.

O concelleiro Suárez-Puerta explicou que “o propósito do concurso é a dinamización do comercio e tecido económico do Concello durante as festas e conseguir un Nadal máis vistoso entre todos”. O xurado que valorará a decoración dos comercios estará formado por representantes da hostalaría; e o xurado que valorará a decoración dos negocios estará formado por representantes dos locais comerciais.

Asemade, o edil anunciou que tamén se levará a cabo un concurso en tódalas parroquias de decoración de fachadas para tódolos fogares que desexen participar, cuxas bases anunciaranse en datas vindeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.