O Concello de Boiro aplicará medidas de seguridade en Runs, Mosquete, Cubelo e Cadarnoxo para o bo desenvolvemento do III Rally Ribeira Ría de Arousa

14 Novembro 2023

Barbanza acollerá o vindeiro 18 de novembro unha nova edición do Rally Ribeira Ría de Arousa que se celebra durante a fin de semana en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Lousame e Porto do Son. En Boiro os vehículos competirán o sábado 18 de novembro e discorrerán polos núcleos de Runs, Mosquete, Cubelo e Cadarnoxo. En canto ás medidas de tráfico e seguridade para o desenvolvemento da proba, non se poderá estacionar na avenida da Constitución o sábado dende as 14.00 e as 20.00 horas para o reagrupamento de vehículos, entre o cruce da avenida da Avellaneda e o cruce da avenida de Barraña.

Para o desenvolvemento da proba na zona do tramo tamén se van producir cortes de tráfico entre as 11.00 e as 22.30 horas polo que se verá afectada a aldea de Runs, que terán que realizar os accesos con vehículo mediante o cruce de Coroño.

A proba pasa preto do núcleo de Mosquete, polo que os veciños e veciñas da aldea terán que servirse pola parroquia de Lampón. Estará afectada tamén a aldea de Cubelo e a de Cadarnoxo, que se terá que servir pola zona de Cures. Todos os veciños e veciñas afectados serán informados das alternativas de desprazamentos por seguridade durante o desenvolvemento da proba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...