O Concello da Pobra posibilitará conciliar o 7 de decembro

21 Novembro 2023

Na súa firme aposta por favorecer a actividade laboral das nais e dos pais nas xornadas vacacionais, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal ofrece un obradoiro de conciliación para o día 7 de decembro, por se tratar dunha xornada non lectiva entre dous días festivos.

Trátase dun servizo para crianzas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que se desenvolverá, como xa é habitual, no CEP Salustiano Rey Eiras, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 3 euros por nena/neno, cun desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e de balde para a/o terceira/o.

Esta prestación poderase ver complementada cos servizos de Madruga e de Comedor, dos cales, segundo lembra o Concello, cómpre consultar as condicións.

A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, explicou que aos obradoiros de conciliación en días non lectivos e en períodos de vacacións hailles que sumar o servizo de Madruga para as mañás e o Espazo de Coidados Corresponsables para as tardes de luns a venres do actual curso escolar.

As prazas para o obradoiro de conciliación son limitadas, polo cal se require a inscrición previa no Departamento da Igualdade, situado fronte á Casa Consistorial. O prazo para se anotar abrangue do día 27 de novembro ao 4 de decembro, ámbalas datas inclusive.

Máis información no teléfono de contacto 981832784, marcando a opción 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...