O ciclo teatral de novembro da Pobra finaliza cunha adaptación da novela O porco de pé

20 Novembro 2023

Chega o cuarto domingo do mes de novembro e, con el, a última función do ciclo teatral organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Será no día 26, ás 19.00 horas, sobre as táboas do Teatro Cine Elma.

Producións Teatrais Excéntricas amosará unha adaptación de O porco de pé, a novela do escritor galego Vicente Risco.

Aquí, o porco, animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. A compañía presenta así un teatro de barracón, aquel que, na infancia, fascina e asusta en partes iguais.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifesta que “despídese así unha axenda que, un ano máis, acadou un gran éxito entre o público.”

O acceso é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.